Por sector
Control horario para equipos que traballan en remoto e en modo híbrido
Parte da plantilla na casa, parte na oficina e xornadas partidas pola flexibilidade. Como levar o rexistro no día a día dun equipo así, sen convertelo en vixilancia.
O problema
Por que custa rexistrar a xornada no teletraballo
A xornada non ten beiras
Sen o aceno de saír da oficina, a xornada alóngase sen que ninguén o note.
Horario flexible de verdade
Parar a media mañá e recuperar pola tarde é o normal, non a excepción.
Presencial e a distancia mesturados
Unha mañá na oficina e unha tarde na casa son dous tramos distintos.
Tentación de vixiar
Capturas de pantalla e control de actividade que non superan o xuízo de proporcionalidade.
Como o resolvemos
O que necesitas para este caso
- Varios tramos por día, coa súa marca de presencial ou a distancia
- Rexistro de interrupcións da desconexión dixital
- Ningún control da actividade do equipo informático
- Sen xeolocalización do domicilio
- Saldo de horas visible, que é o que protexe de que a xornada se estire
Todo isto entra en calquera dos tramos. Ver prezos.
Punto crítico do sector
O acordo escrito debe nomear o sistema
O artigo 7 da Lei 10/2021 obriga a que o acordo de traballo a distancia recolla os medios de control empresarial. Implantar a pontaxe despois e comunicalo por correo é modificar unilateralmente algo que era obxecto de acordo.
Se o teu convenio é estatal, pode que estea entre os que comprobamos no BOE, co seu artigo: xornada e vacacións por convenio. As fichas dos convenios, a normativa explicada e as ferramentas están en castelán.
Toda a normativa explicada, co seu artigo e a súa fonte (en castelán)
Preguntas frecuentes
Como se ponta unha xornada partida na casa?
Cun tramo por cada parte: entrada e saída pola mañá e entrada e saída pola tarde. O artigo 14 da Lei 10/2021 pide que o rexistro reflicta fielmente o tempo dedicado á actividade laboral «sen prexuízo da flexibilidade horaria», así que o que se anota é cando se traballa de verdade.
Hai que nomear o sistema de pontaxe no acordo de teletraballo?
O acordo de traballo a distancia debe recoller, entre o seu contido mínimo, os medios de control empresarial da actividade (art. 7, letra h, da Lei 10/2021). Convén que diga que sistema de rexistro se usa antes de poñelo en marcha.
Que pasa se se alterna oficina e casa?
O acordo debe fixar a porcentaxe e a distribución entre traballo presencial e a distancia, e o centro de traballo ao que queda adscrita a persoa (art. 7, letras d e e, da Lei 10/2021). O rexistro do artigo 34.9 é o mesmo nos dous casos.
Pode a empresa acceder ao ordenador de quen teletraballa?
Pode acceder aos contidos dos dispositivos dixitais que facilita só para controlar o cumprimento das obrigas laborais e garantir a integridade dos dispositivos, e debe fixar antes criterios de utilización, con participación da representación do persoal, e informar deles (art. 87 da LOPDGDD).
Para saber máis
- Rexistro de xornada en teletraballo: que obriga a Lei 10/2021 (en castelán)
- Desconexión dixital (en castelán)
- Xeolocalización e móbil persoal (en castelán)
- Quendas e cadrantes no produto
- Prezos: un só prezo por persoa
Fontes
- BOELei 10/2021, art. 14 (dereito ao rexistro horario adecuado)
- BOELei 10/2021, art. 7 (contido mínimo do acordo)
- BOELOPDGDD, art. 87 (dispositivos dixitais no ámbito laboral)
Esta páxina explica a norma vixente na data de revisión e non é asesoramento xurídico.
Outros sectores
Pode que o teu se pareza a estes
Gratis ata o 31 de maio de 2027. Só co teu correo.
Sen tarxeta e sen datos de facturación: co teu correo abonda para comezar. Dás de alta o teu equipo en cinco minutos e fichades hoxe mesmo.